A fase inicial do PEGSI incluiu unha serie de entrevistas a coñecidos expertos en tecnoloxías da información. En concreto, participaron expertos de varias administracións: a Unión Europea ( o director da unidade de Redes de Sistemas Audiovisuais da dirección xeral da Sociedade da Información, Luis Rodríguez), o goberno estatal (o xefe do Servizo de Infraestrutura do Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa, Juan José Blanco) e dos gobernos vasco e catalán.
Por parte galega colaboraron directivos de empresas do sector (o director xeral de R, Arturo Dopico e o director de I+D de Televés, José Luís Fernández) e profesores das tres universidades galegas. De xeito individual, recolleuse a opinión destes profesionais sobre a situación de Galicia nos seguintes temas: