Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica Estratexia galega da Sociedade da Información

Opinión


AGNIX

Manifesto a favor do software libre e formatos abertos ás administracións locais de Galiza

12/06/2007 - 

A Asociación de Usuarios AGNIX acaba de publicar un manifesto co fin de lograr que os novos gobernos municipais electos nos últimos comicios locais aposten polos programas de código aberto. Neste manifesto, que se reproduce a continuación, AGNIX explica que liñas do PEGSI especifican o apoio da Xunta a estas aplicacións:



JESÚS ARRIBI

Vías para a difusión do software libre en Galiza

21/05/2007 - 

Co gallo do primeiro aniversario de Mancomun.org (a iniciativa pública galega a prol do software libre), o seu coordinador técnico, Jesús Arribi, analiza o presente destes programas e as barreiras que frean a súa popularización en Galiza. O descoñecemento por parte dos pequenos empresarios e a falta de formación do persoal informático son algúns dos lastres, para os que Arribi propón solucións concretas.



JESÚS RODRÍGUEZ, PRESIDENTE DA AEIG

O papel dos enxeñeiros informáticos na sociedade da información galega

02/03/2007 - 

Introducir algunhas das medidas necesarias para mellorar a contribución dos enxeñeiros en informática o desenvolvemento tecnolóxico de Galiza. Este é un dos obxectivos do artigo de opinión do presidente de Asociación de Enxeñeiros en Informática de Galicia (AEIG), Jesús Rodríguez Castro, representante dun colectivo que nos vindeiros meses contará con dous novos colexios profesionais.



O Director Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación
SALUSTIANO MATO

O IN.CI.TE. e as Tecnoloxías da Información

05/02/2007 - 

O director xeral de I+D da Xunta presenta neste artigo a aplicación do IN.CI.TE ás tecnoloxías da Información. O IN.CI.TE. é o plano que guiará os investimentos públicos galegos no eido do I+D+i, ata 2010. Aínda que o desenvolvemento de aplicacións informáticas nun sentido estricto é obxecto exclusivo do PEGSI, o IN.CI.TE. inclúe tres áreas nas que a administración pode subvencionar a aplicación das TIC a proxectos de investigación. Estes campos son a mellora das relacións coa Administración, da calidade de vida e das aplicacións TIC a determinados sectores económicos.



logo puntogal
ASOCIACIÓN PUNTOGAL

O lugar común

22/01/2007 - 

A Asociación Puntogal enfróntase a un difícil desafío. Ata hoxe, só Cataluña logrou un dominio para a lingua e cultura dun país sen estado. Neste texto a Asociación analiza as trabas coas que se enfronta. "Non podemos permitir unha única voz discordante" indica esta organización, que fai un chamamento a participación de toda a sociedade galega, tamén de aqueles que viven alén das nosas fronteiras. O próximo mes de marzo en Libsoa pode darse o primeiro paso. Así o explica o secretario do ente, Darío Janeiro, no seguinte artigo.


<< Primeira < Anterior 1-5 Separador 6-9 Separador Seguinte > Separador Última >> Separador
Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia