Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica Estratexia galega da Sociedade da Información

PROPOSTA DE EXPERIENCIA PILOTO PARA O 7 DE XUÑO

Pontevedra podería introducir o voto electrónico nas eleccións europeas

15/04/2009 - 

A circunscrición electoral de Pontevedra figura entre as candidatas a participar nunha experiencia de voto electrónico. A oportunidade terá lugar o 7 de xuño, coas eleccións europeas, segundo unha iniciativa proposta polo Ministerio do Interior á Xunta Electoral Central e aos diferentes partidos políticos.

Voto electrónico

A información revelada pola edición dixital de El Periódico de Catalunya, indica que a proposta se levaría a cabo nos colexios electorais das circunscricións de Lleida (146), Salamanca (210) e Pontevedra (103).

Con todo, a consulta ás formacións políticas atopa diferentes posicionamentos. As críticas refírense, principalmente, ás dificultades de que as persoas integrantes das mesas sexan quen de manexar con soltura un sistema informático. Tamén se fala do atranco que supón que todos os colexios electorais dispoñan de instalacións eléctricas e conexións axeitadas á internet.

A proposta, emanada no Ministerio do Interior, debe agora ser referendada agora pola Xunta Electoral Central, que comunicará a súa decisión aos partidos.

Voltar

Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia