Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica Estratexia galega da Sociedade da Información

DÍAS 19, 20 E 21 DE XANEIRO EN XORNADAS DE MAÑÁ E TARDE

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia oferta un obradoiro sobre Xestión de Identidades e Control de Accesos (Oracle)

04/12/2009 - 

Os días 19, 20 e 21 de xaneiro terá lugar, nas instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, un obradoiro organizado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia coa colaboración e apoio de Oracle, sobre Xestión de Identidades e Control de Acceso.

Os laboratorios son gratuítos e están dirixidos a profesionais ocupados dos sectores privado e público con responsabilidades de xestión ou administración de numerosos usuarios ou aplicacións, responsables, en todo caso, de entidades de tamaño medio ou grande.

Os contidos do obradoiro están orientados ao tratamento da seguinte problemática:

- Xestión de numerosos usuarios e/ou clientes a nivel de fornecedor de servizo ou Micro informática: Aprovisionamento de usuarios (altas, baixas, cambios de departamento,...), administración delegada, etc.

- Xestión dun amplo número de aplicacións ou políticas de seguridade: centralización de políticas de seguridade, Single Sign On, etc.

Amplíe a información consultando o folleto informativo:

Descargue o folleto informativo

Para se inscribir no obradoiro prema nesta ligazón

 

Voltar

Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia