POTENCIAR O TRABALLO DOS LECTORES
Política lingüística informa que este novo espacio, que está en construcción, servirá para "sistematizar a información que xeran os lectorados para darlle unha maior proxección ás actividades que desenvolven". En concreto, estase a elaborar unha serie de formularios que permitan sistematizar os datos e aplicar novas políticas de actuación.
Comisión de expertos
Tanto a canalización destes datos como a necesidade de proporcionarlles aos lectores un punto de encontro virtual foron asuntos tratados no seo da comisión de expertos creada hai uns meses para avaliar a situación dos lectores e propoñer melloras. Esta comisión está intregrada por persoal da Secretaría xeral e polos directores dos departamentos de galego das tres universidades do país.