Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica Estratexia galega da Sociedade da Información

ENTREGÁRONSE 47 GALARDÓNS, DOS QUE 12 ESTIVERON RELACIONADOS COAS TIC

Educación premia os mellores proxectos educativos a prol da Sociedade da Información

28/04/2008 - 

Este venres entregáronse os Premios educativos 2007, que concede a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria. Os galardóns convócanse anualmente en colaboración con outros departamentos da Xunta para o profesorado dos centros educativos non universitarios sostidos con fondos públicos. Os premios dividíronse en tres convocatorias: a recursos educativos para a sociedade da información, á innovación sobre a educación en valores democráticos e á innovación educativa.

Premios de Educación

Representando cada unha das tres categorías dos premios estiveron presentes a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, e as directoras xerais de Ordenación e Innovación Educativa da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, Mª José Pérez Mariño; e de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria, Helena Veiguela, ademais doutras autoridades de diferentes departamentos do Goberno.

A conselleira de Educación indicou que nesta edición se entregaron 47 galardóns, dos cales 12 son a recursos educativos para a sociedade da información, 4 para proxectos educativos centrados en valores democráticos, e 27 á innovación educativa.

Na categoría de premios a recursos para a sociedade da información resultaron agraciados os seguintes traballos:

Modalidade A: ferramentas de autor

  • 1º Premio (6.000 €) Proxecto Xogamos?, Feliciano José Couto Escanciano

Modalidade B: materiais curriculares web

  • 1º Premio (6.000 €) A auga, aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial, Antonio Lomba Baz
  • 2º premio (4.000 €) Tecnoloxía na ESO, María Loureiro González
  • 3º premio (3.000 €) Planeta dixital, José Carlos Vázquez Martínez
  • 3º premio (3.000 €) Tempus fugit, Agustín Carracedo Santos
  • 3º premio (3.000 €) A empresa no cine, José Ramón Fraga Rodríguez
  • 3º premio (3.000 €) Dicionario de termos de arte, Xosé Manuel Vicente Trigo

Modalidade C: galerías de imaxes e vídeos didácticos

  • 1º Premio (3.000 €) A cova de Ceza, Javier Santiago Caamaño
  • 3º premio (1.000 €) A volta do xogo popular, José Luis Río Silva

Modalidade D: aplicacións de software libre

  • 1º Premio (6.000 €) Traducíndote, Manuel Morán Vaquero
  • 2º premio (4.000 €) Websqusr, Francisco Javier Taboada Aguado
  • 3º premio (3.000 €) Galinux-Slax, Teodosio Francisco Ramírez Jorquera

A resolución da Consellaría de Educación onde se resolveu a convocatoria dos premios a recursos educativos da sociedade da información publicouse no DOG do 18 de decembro de 2007.

Voltar

Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia