XORNADA DE TRABALLO CON MÁIS DE 150 PROFESIONAIS
Neste sentido, o director xeral afirmou que "o Goberno galego tentará, a pesar das actuais circunstancias económicas, ampliar os recursos que a Xunta pon a disposición da Rede Galega de Información Xuvenil, tanto os espazos que son propios da Administración autonómica como dos concellos e asociacións".
Na xornada sobre a creatividade, organizada pola Xunta, participaron máis de 150 profesionais da Rede Galega de Información Xuvenil que traballan en concellos, asociacións e na propia Administración autonómica.
A iniciativa contou con diversas conferencias e obradoiros onde os propios informadores xuvenís puideron probar as súas habilidades creativas a través de accións prácticas. Como actividade paralela, no encontro colocáronse dous paneis onde os que participantes colgaron as súas experiencias máis notables en información xuvenil e tamén as súas críticas e necesidades nesta materia.