PUNTOGAL ASPIRA A ACADAR O IDENTIFICADOR GALEGO NA PRIMEIRA QUENDA
A Icann leva seis anos traballando en abrir os enderezos da internet. Segundo explicou Camilo Regueiro, vicepresidente da Asociación PuntoGal, Camilo Regueiro, a liberalización farase de xeito escalado, e nun primeiro momento haberá que cumprir uns requirimentos moi estritos.
PuntoGal espera estar entre os primeiros novos dominios que se concedan, no primeiro semestre de 2009, pero todo "dependerá das condicións que impoñan", que serán tanto de tipo técnico como económico.
Regueiro quixo aclarar, en todo caso, que isto non supoñerá a apertura total dos nomes de dominio, que deberán cumprir condicionantes, como o feito de haber unha identificación coa comunidade á que se refiren e que se garanta a súa viabilidade económica.