18/02/2010 -
O Consello da Xunta aprobou hoxe o Plan Director de Banda Larga 2010-2013, que constitúe o marco estratéxico de actuación destinado a que a práctica totalidade dos cidadáns e empresas galegas teñan acceso de calidade á banda larga dentro de catro anos. Este proxecto forma parte dunha estratexia global do Goberno galego para situar a Galicia no núcleo avanzado da sociedade da información.
17/02/2010 -
A conselleira de Facenda, confirmou hoxe que o vindeiro día 26 de febreiro comezará funcionar na Administración autonómica o rexistro electrónico de facturas, que garantirá que o pago das facturas por parte da Xunta de Galicia se faga en 45 días, 15 menos do máximo legal.
16/02/2010 -
Un proxecto que pretende recompilar e transmitir os beneficios das tradicionais herbas medicinais, un testemuño audiovisual de mulleres que narran lembranzas da súa vida desde una perspectiva de xénero, e un blog que recolle a historia dunha comarca a través das experiencias dos seus habitantes, son as tres iniciativas que gañaron o II Concurso ‘Mayores cON Iniciativa’ Galicia 2009.
04/02/2010 -
O novo organismo resulta da integración do Observatorio Galego da Sociedade da Información e o Observatorio da Calidade e da eAdministración co obxectivo de conseguir maior coherencia, uniformidade e eficiencia nas súas funcións asesoras.
04/02/2010 -
O BOE vén de publicar a norma que guiará a actuación das Administracións Públicas en materia de interoperabilidade: o Real Decreto 4/2010, de 8 de xaneiro (BOE de 29 de xaneiro), polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da administración electrónica.
03/02/2010 -
Un total de 1.255.672, que representan o 46% da poboación total de Galicia, benefícianse xa da receita electrónica. A e-receita xa estaba implantada a data de 31 de decembro en 179 centros de saúde (do total de 483 centros de saúde) das sete áreas sanitarias de Atención.
02/02/2010 -
O apagado analóxico transcorre con normalidade e sen rexistrar grandes incidencias. Este luns, catro das grandes cidades, Coruña, Ferrol, Santiago e Ourense, dixitalizáronse, ao igual que outros grandes núcleos de poboación como Narón ou o concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa.
29/01/2010 -
O proxecto que está a deseñar o Executivo autonómico e cuxas liñas básicas avaliou onte o Consello da Xunta pretende mellorar o funcionamento interno da Administración e a atención exterior. A súa confección comezará en febreiro e rematará no mes de xuño deste ano, cun período de desenvolvemento que se estenderá ata o remate da lexislatura.
29/01/2010 -
O vindeiro luns, día 1 de febreiro, faranse os últimos apagados das fases I e II de implantación da TDT na comunidade. Ese día incorporaranse en exclusiva á TDT perto dun millón de persoas e significará o apagamento analóxico definitivo das provincias da Coruña (menos na zona do Barbanza) e de Ourense.
27/01/2010 -
O Instituto Galego de Estatística (IGE), presentou hoxe os resultados da "Enquisa de Novas Tecnoloxías 2008" que constata que un terzo dos fogares galegos (332.378 fogares) contaban con conexión a Internet no ano 2008. Ademais, segundo o IGE, o uso de Internet no fogar incrementouse case catro décimas con respecto ao 2007, pasando do 28,8% ao 32,5% no 2008.