Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica Estratexia galega da Sociedade da Información

Entrevistas


Ramón Bermúdez de Castro
Ramón Bermúdez de Castro, Decano do colexio de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia

O decano do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, concedeu unha entrevista en exclusiva ao portal da internacionalización das empresas galegas, ByGalicia, onde dá respostas claras a cuestións sobre a sociedade da información, a actualidade do sector ETIC, os procesos de investigación e desenvolvemento das empresas galegas do sector, entre outros.



Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
Alfonso Blasco García, director do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

É director do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia dende antes da súa inauguración. No seu segundo ano de funcionamento, Alfonso Blasco salienta a importancia de dinamizar a oferta formativa do centro e de reforzar a colaboración con fabricantes, empresarios e colectivos profesionais.



Fernando Pérez
FERNANDO PÉREZ, DIRECTOR XERAL DE GRADIANT

Fernando Pérez é o director xeral do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), unha institución que xira arredor dun sector en constante expansión e con cada vez máis importancia dentro das TIC.



Antonio Mariño
ANTONIO MARIÑO, CREADOR E ADMINISTRADOR DE CABOZO.COM

Antonio Mariño, viveirense emigrado a Alemaña, creou Cabozo.com, unha rede social en galego concibida como un punto de encontro para compartir ideas, novas, imaxes, arquivos ou eventos.



Cristina Gomis
CRISTINA GOMIS PARADA, TAGEN ATA

Exeria, personaxe histórica galega, muller innovadora e pioneira do século IV, deulle nome á primeira ferramenta de software para asesorar no uso de linguaxe non sexista. Exeria presentouse esta semana en Compostela, froito da colaboración entre a Vicepresidencia da Xunta e a Consellaría de Innovación e Industria. Unha das empresas que desenvolveu a aplicación é Tagen Ata. Falamos con Cristina Gomis.



Claudio Ferreira Filho
CLAUDIO FERREIRA FILHO, CONSULTOR DE MIGRACIÓN AO SOFTWARE LIBRE DA ADMINISTRACIÓN BRASILEIRA

Claudio Ferreira Filho, brasileiro que traballa actualmente en Galiza, expuxo a súa experiencia na migración do software libre das administracións públicas do Brasil na presentación do sistema operativo Galinux, que tivo lugar o pasado 11 de decembro.



Fernando Suárez
FERNANDO SUÁREZ, PRESIDENTE DO CPEIG

Fernando Suárez foi elixido en decembro de 2007 primeiro presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galiza. Nesta entrevista fala do seu labor á fronte da institución e da próxima convocatoria dunha mobilización estatal para esixir o recoñecemento efectivo da súa titulación.



Pousada
JOSÉ MARÍA POUSADA CARBALLO, DIRECTOR DA ETSET DE VIGO

José María Pousada dirixe dende o ano 2003 a Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, que é o centro de referencia no ensino das telecomunicacións no país. Nesta entrevista explica a contribución do centro que dirixe ao desenvolvemento da Sociedade da Información en Galiza.



Enrique Barreiro
ENRIQUE BARREIRO ALONSO, DIRECTOR DA ESEI DE OURENSE

O director da Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense da Universidade de Vigo explica a contribución do centro no desenvolvemento da Sociedade da Información en Galiza e as medidas que se poden tomar para reducir a fenda dixital no noso país.



Helena Veiguela
HELENA VEIGUELA, DIRECTORA XERAL DE PROMOCIÓN INDUSTRIAL E DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

A Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, presentou recentemente no III Foro de Modernización TIC, que tivo lugar en Compostela, a radiografía da situación do sector das Tecnoloxías da Información no noso país. Tamén acaba de recibir o premio Mundo Empresarial Europeo pola posta en marcha do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI 2007-2010) como xeito de promover o desenvolvemento dunha economía do coñecemento.


<< Primeira < Anterior 1-10 Separador 11-20 Separador 21-30 Separador 31-39 Separador Seguinte > Separador Última >> Separador
Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia