Un evento enfocado cara a investigación en eConfianza, como as TIC poden ser xeradoras de confianza ou poden ser adaptadas e utilizadas para xerar eConfianza, que nace das conclusións do último informe de RISEPTIS, a Xunta Consultiva de Investigación e Innovación en Seguridade, Privacidade e Confianza na Sociedade da Información.
Estruturada en cinco grandes bloques: Servizos en rede e contornas informáticas de confianza; Un marco europeo común para xestión de identidades; Desenvolvemento de tecnoloxías e marco legal da Unión Europea para protección de datos e privacidade; e Cooperación internacional sobre confianza e a investigación sobre seguridade, a cita contará coa presenza de destacados representantes do ámbito internacional en materia de seguridade informática, relatoras de recoñecido prestixio das distintas Administracións Públicas, Industria, Investigación e das distintas organizacións que representan aos usuarios de ámbito europeo.
Durante os dous días de duración do evento, terán lugar sesións de alto nivel estratéxico, incluíndo cuestións e temas de ámbito político e social.
A Web posta en marcha por INTECO ofrece o formulario de inscrición necesario para asistir.
Para maior información: trustworthyict.inteco.es