Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica Estratexia galega da Sociedade da Información

Accesibilidade

¡CSS Válido!
Valid XHTML 1.0 Transitional
Level Double-A conformance icon, W3C-WAI Web Content Accessibility Guidelines 1.0

A Consellería de Innovación e Industria procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexan independentes dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesíbeis para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A Unión Europea, na resolución do Consello do 25 de marzo de 2002, anima aos Estados membros a ter en conta a necesidade de que os contidos dixitais sexan accesíbeis e, seguindo esta recomendación, a Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, dispón que as Administracións Públicas adoptarán as medidas necesarias para que a información dispoñibel nas súas páxinas de Internet sexa accesíbel a persoas con discapacidade e de idade avanzada, de acordo cos criterios de accesibilidade aos contidos xeralmente recoñecidos, antes do 31 de decembro de 2005.

En coherencia con este obxectivo, o deseño da web da Sociedade da Información realizouse tendo en conta as recomendacións de accesibilidade para o segundo nivel de prioridade das directrices WAI do W3C

Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia